Axudas ao estudo para familias con descendentes escolarizados nos niveis obrigatorio e non obrigatorio en centros sostidos con fondos públicos convocadas pola concellaría de igualdade, servizos sociais, sanidade e educación para o curso 2022/2023
LIÑA 1 – AXUDAS PARA COMEDOR ESCOLAR
- Prazo de solicitude: do 15 de xuño ao 15 de xullo 2022
- Documentación a presentar: modelo normalizado
Só se deberá achegar documentación nas seguintes situacións familiares:
- Para acreditar horario de conciliación familiar: certificación da empresa onde se especifique dito horario.
- Copia de sentenzas e convenios reguladores cando proceda.
- Fotocopia da comunicación de concesión de prestación de desemprego, se é o caso.
Aconséllase consultar a web municipal para toda a información necesaria.
PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE:
- Na sede electrónica (www.arteixo.org)
- Presencial:
- No departamento de Educación en horario de 9:00 a 14:00 h.
- Atenderase sen cita previa por orde de chegada.
- Noutros rexistros municipais segundo sistema establecido en cada un.
Prazo de presentación previsto para a Liña 2 (Libros e material didáctico para o 2º ciclo de Educación Infantil ): outubro 2022
Bases reguladoras publicación BOP