Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello quere que a praia de O Reiro recupere a súa area

PUBLICACIÓN

O Concello quere que a praia de O Reiro recupere a súa area

13 Jun, 2022 | NOTICIAS

A Autoridade Portuaria, a Demarcación de Costas e o Concello colaboran no recheo de area na praia de O Reiro, afectada pola perda da mesma debido aos cambios nas correntes mariñas.

A mesma praia xa contou con recheos en anos anteriores que se realizaron en virtude dos informes técnicos da Demarcación de Costas e as medidas recomendadas pola declaración de impacto ambiental do Porto Exterior de Langosteira.

O novo recheo comezará, se as condicións técnicas o permiten, o próximo mércores. A area que se usará procede do fondo mariño do Porto Exterior xa que a Autoridade Portuaria acopia estes áridos procedentes dos dragados que se realizan no fondo da dársena.

Ir al contenido