Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Motos clásicas, balonmán e actividades extraescolares no menú deportivo da fin de semana

/ Motos clásicas, balonmán e actividades extraescolares no menú deportivo da fin de semana

Arteixo acolle esta fin de semana a terceira proba puntuable para a Copa de España de Trial de Clásicas 2022.

Este evento, organizado polo Club Motomontañismo Arteixo en colaboración coa Real Federación Motociclista Española,
a Federación Galega de Motociclismo e o Concello de Arteixo, reúne a preto de 100 participantes por día, entre os que se atopan algúns dos mellores pilotos
desta categoría a nivel nacional. 

A proba consistirá cada un dos días na realización de dúas voltas a un circuíto que arrinca do Campo da Festa de Arteixo, e discorre polos montes da Penouqueira, onde se sitúan as distintas zonas de competición, para posteriormente regresar de novo ao Campo da Festa,
onde se sitúa o centro neurálxico da competición.

Durante os días que dura a proba estará instalado na zona cuberta do Campo da Festa un circuíto infantil para motos de trial eléctricas, no que os máis novos poderán ter a súa primeira toma de contacto con esta disciplina motociclista.

O sábado celébrase ademáis a clausura das actividades extraescolares organizadas pola concellería de deportes.

Será no Pazo dos Deportes. De 11.00h a 13.00h Patinaxe; e de 17.00h a 19.15h Ximnasia deportiva, Kung Fu, xogos psicomotrices, Multideporte, Tenis, Baloncesto e Futbito.

Tamén o sábado o Pavillón de Galán acolle o trofeo prebenxamín de balonmán que o organiza o Clube Balonmán Arteixo. Será de 10 a 14h

Xa o domingo o Judo Club Arteixo organiza unha xornada de exames de pase de grao, no que diferentes alumnas e alumnos deste clube realizan as probas para subir de cinturón. Será no Pazo dos deportes en horario de 11.00 a 14.00h

 

 

Ir al contenido