O Concello iniciou hoxe a construcción dun novo paseo fluvial nas marxes do río Seixedo, en Vilarrodís.
Trátase dunha obra presupostada en 312.000€ e para a que o concelllo xa aprobara, en 2021, o correspondente expediente de expropiación que permitiu acadar os terreos.
A empresa Arce, que se encarga da execución dos traballos, comezou hoxe os labores de desbroce.
Parte do novo paseo, con novo mobiliario urbano en todo o percorrido, discorrerá sobre unha pasarela de madeira anclada sobre o terreo. Outro tramo será de materiais máis compactos como a pedra ou o formigón en función das necesidades do terreo.
O proxecto inclúe a restauración de dous antigos muiños situados no borde do río. O adxudicatario, según o contrato, deberá seguir as indicacións do concello para executar esta actuación.
O novo paseo, de máis dun quilómetro, servirá para prolongar a senda peonil que empeza na área recreativa de O Seixedo e que chega ata a rúa Ponte despois de discorrer por debaixo da estrada que conecta a rotonda de Sabón coa AG55 e a A-6