O encontro convocado polo concello entre as partes afectadas pola limitación de aforo propiciada polo plan de autoprotección que rexe este ano no comedor do Ceip Ponte dos Brozos, finaliza cun acordo que permitirá solucionar esta situación respecto do curso pasado.
A reunión convocada polo alcalde Carlos Calveloo e a Concelleira de Educación Inés Ramos durou varias horas e na mesma estiveron presentes a ANPA, a dirección do centro e os pais afectados. A ANPA, que xestiona o comedor, explicou que a lista provisional de admitidos no comedor era producto da adaptación o novo plan de autoprotección pero que a súa vontade era traballar, xunto coa dirección d centro, para que a través de cambios na organización do comedor puidese ter cabida o cumplimento da nova normativa de seguridade co mantenemento de alumnos.
Carlos Calvelo e Inés Ramos alabaron a boa disposición e o traballo, tanto da ANPA como da dirección do centro para alcanzar acordos que satisfagan a todas as partes.
O Concello carece de competencias directas sobre a organización dos comedores escolares, un labor que realizan as ANPAS en coordenación coa dirección dos centros.
Arteixo concediu este ano becas a preto de 500 alumnos do concello que, según a súa renda, reciben esta axuda municipal para sufragar os gastos de comedor. Tamén financiou nos últimos anos, a través do presuposto municipal, dúas cociñas industriais, unha en Ponte dos Brozos e outra no CEIP Novo Arteixo.