Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A alimentación centra unha nova cita co espazo Educa

/ A alimentación centra unha nova cita co espazo Educa

O consumo de azucre, previr as doenzas con boa alimentación e conseguir que a mocidade teña hábitos alimenticios saudables son algúns dos temas que centrarán a terceira actividade, enmarcada no Espazo Educa-Creando pontes que iniciouse neste curso escolar da man da Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación do  Concello de Arteixo  xunto coa  Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Centro de Formación e Recursos da Coruña

Á cita, o próximo 26 de maio ás 18h no Centro Arteixo Innovación, pódese acodir enviando un correo electrónico ao enderezo educacion@arteixo.org indicando nome, apelidos e teléfono da persoa participante antes do día 25 maio ás 14:00 horas. As prazas son limitadas por rigurosa orde de inscrición

A actividade contará cun servizo de ludoteca para todas aquelas persoas asistentes que o precisen. Os interesados deben enviar este formulario de inscrición ao correo electrónico educacion@arteixo.org ata o  día 25 de maio ás 14:00 horas.

 

 

 

 

 

 

Ir al contenido