O Concello finalizou os traballos para o traslado da Fonte do Abade que pasará agora a se converter no elemento central dunha nova zona verde en Oseiro.
A arqueóloga Purificación Soto foi a encargada de supervisar estes traballos que contaron cun presuposto de 44.000 euros.
Soto explica que a fonte podería ser construida a finais do século XVIII co obxectivo de aprovisionar ás cabaleirías e ás persoas que transitaban polo camiño real, o mesmo que agora ocupa a carretera.
As obras consistiron en mover esta fonte uns metros para alonxala da carretera. Tamén inclúen a creación dunha nova zona verde nunha parcela que ata uns meses era privada e que pasa ao dominio público merced ao desenvolvemento dunha unidade de actuación prevista no plan urbanístico.