O Concello implanta, a partir do 5 de maio, un novo sistema de atención ao público no rexistro municipal que combina a cita previa coa atención presencial sen necesidade de pedir cita previa
As oficinas municipais atenderán de 9 a 11h sen cita previa e con límite de aforo, un total de 16 turnos que se cubrirán por orde de chegada ao Concello ate completar o listado.As persoas usuarias deberán de inscribirse no mostrador das oficinas xerais onde se lles indicará o turno correspondente.
De 11:30 a 14:00h con cita previa como se viña desenvolvendo ate o de agora. Dita cita pode reservarse a través da sede electrónica do Concello, no correo electrónico citaprevia@arteixo.org ou no teléfono 981 60 00 09.