Inicio >
/ Pleno ordinario marzo 2022
O concello de Arteixo igualará no 2025 o tipo impositivo que aplica os Bens Inmobles de Características Especiais
O concello de Arteixo levará o pleno da xoves próximo (que se adianta unha semana debido os festivos da seguite semana de xullo) una modificación da
ordenanza fiscal que regula o denominado tributo dos Bens Inmobles de Características Especiais (BICE), que, a tenor do disposto na Lei 1/2004 polo que se aproba o texto refundido da Lei de Catastro Inmobiliario, constitúen un conxunto complexo de uso especializado comprendidos nos seguintes grupos:
1) Os destinados á produción de enerxía eléctrica e gas e ao refino de petróleo, e as centrais nucleares.
2) As presas, saltos de auga e embalses, incluído seu leito ou vaso, agás as destinadas exclusivamente ao rego.
3) As autopistas, estradas e túneles de peaxe.
4) Os aeroportos e portos comerciais.
O tipo impositivo de tales BICES a tenor do sinalado no artigo 72 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, permite os concellos estabelecer un tipo
diferenciado para cada un dos bens existentes, que nunca poderá ser superior ao 1,3% nin inferior a 0,4%. Na actualidade tan so están definidos
na vixente ordenanza fiscal os grupos a), b) e c), sendo o tipo impositivo o 1,3%, agás para o grupo b), que queda fixado no 0,6%.
Sobre o grupo d), precisar que o Porto comercial exterior de Arteixo entra en funcionamento no ano 2015, mesma data na que e aprobada a
Ponencia de valores especial, que ao non estar definido nin cuantificado dito grupo na ordenanza fiscal, o tipo impositivo do imposto fixouse no
0,6%, segundo o citado artigo 72 do R.D. Lexislativo 2/2004. A efectos de facer efectivo o principio constitucional de que hai que contribuir ao
sostemento dos gastos públicos de acordo coa súa capacidade económica mediante un sistema tributario xusto inspirado nos principios de igualdade e progresividade, afrontase a presente modificación, considerando os dous principios citados:
· Igualdade tributaria
· Progresividade tributaria.
e o enunciado no artigo 17 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e facendo igualmente uso das súas facultades regulamentarias e de responsabilidade fiscal, e considerando que en función da súa natureza ou a súa ubicación, non poden nin deben existir diferencias de tributación entre os BICES, proponse o incremento do tipo impositivo nos grupos b)- Presas, saltos de auga e embalses, incluído seu leito ou vaso, agás as destinadas exclusivamente ao rego e d) – Os aeroportos e portas comerciais-, ao 1,3%, en substitución do actual do 0,6%., aos efectos de equilibrar o tipo impositivo en todos os BICES.
Actualmente o concello de Arteixo recauda nos dezaoito Bens de Características Especiais que ten rexistrados un total 2.492.881 euros e agora pasará a recaudar un total de 3.041.343 euros. Este aumento aplicarase no ano 2025.