Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Programa municipal de apoio e acompañamento ás persoas ucraínas que se puxo en marcha en colaboración co Goberno de España e a Xunta de Galicia

PUBLICACIÓN

Programa municipal de apoio e acompañamento ás persoas ucraínas que se puxo en marcha en colaboración co Goberno de España e a Xunta de Galicia

28 Mar, 2022 | NOTICIAS

O Concello de Arteixo informa sobre o PROGRAMA DE APOIO E ACOMPAÑAMENTO ás persoas ucraínas que se puxo en marcha en colaboración co Goberno de España e a Xunta de Galicia

Se precisa información

Todas as persoas refuxiadas ucraínas residentes no noso municipio, recibirán atención individualizada no Departamento de Servizos Sociais, solicitando cita nos seguintes centros:

Centro Social de Meicende: 981 258 458

Centro Social de Froxel: 981 601 574

Centro de Servizos Sociais de Arteixo: 981 659 110

Contacto: servizossociais@arteixo.org

Deberá solicitar a Protección Temporal, do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións en todo caso.

Debe solicitar o Programa de Acollida do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, se necesita aloxamento e outras axudas.

Que é a protección temporal?

É un procedemento de carácter excepcional polo que se garante ás persoas desprazadas protección inmediata e de carácter temporal.

Como e onde a solicito?

Deberá acudir, con cita previa, á comisaría da Policía Nacional da Coruña, sita na avenida do Porto s/n e presentar a documentación acreditativa.

Que levo á cita?

Documentos de identidade e de viaxe: pasaporte orixinal e copia (tamén de cada páxina onde figuren selos, prórrogas, visados…),

Documentos probatorios dos vencellos familiares: certificados de matrimonio, nacemento, libro de familia etc… todo documento que poida acreditar o vínculo familiar. Documentos orixinais e copias.

2 fotografías tamaño carné.

Enderezo de correo electrónico ao que teñan acceso, número de teléfono de contacto en España e un domicilio.

Que me permite a protección temporal?

A resolución de concesión leva unha autorización de residencia e traballo por un ano (prorrogable) e a solicitar as axudas do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

As persoas beneficiarias de protección temporal e os membros da súa familia poderán solicitar acceder ao sistema de acollida do programa de Protección Internacional do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións. Está xestionada pola entidade ACCEM. Ten o seu local na cidade da Coruña, neste enderezo:

Praza José Toubes Pego, 1. 1º, y 2º piso, 15007- A Coruña

Teléfono: 981 16 88 97 ou 673 319 850

Correo electrónico: galicia@accem.es

Enlace:

A Coruña: las personas refugiadas, más cerca de la ciudadanía

 

Normativa de aplicación

Información para desprazados/as ucraínos/as en España

Toda a información a respecto da protección temporal
Teléfonos de Asistencia

Teléfono de emerxencias en España 112

Teléfono da Garda Civil 981 633 002

Teléfono da policía local 092

Teléfono para vítimas de Violencia de Xénero 016

Os datos de contacto da embaixada de Ucraína en España son:

Calle Ronda de Abubilla, 52 28043 Madrid, España

Tlf.: +34917489360Tlf.: +34 913887178 Web

https://spain.mfa.gov.ua/es

VIVO EN ARTEIXO E QUERO COLABORAR:

DOAZÓNS

O Ministerio, as entidades así como o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, facilitan as seguintes indicacións para a canalización da solidariedade co pobo ucraíno:

Prégase NON facer provisión de alimentos, mantas ou outros materiais de primeira necesidade xa que as ONG que xestionan a repartición de axuda no terreo están colapsadas. Ademais, Rusia está a bombardear camións cargados con axuda humanitaria e non é posible garantir a distribución.

O máis eficaz é facer unha achega económica ás ONG que están desprazadas na zona traballando, para que se compre o que realmente precisan.

Federación e Comité Internacional da Cruz Vermella

OCHA – Axencia de Nacións Unidas para Coordinación en Asuntos Humanitarios. Contribución a través do Fondo Humanitario para Ucraína

ACNUR – Axencia de Nacións Unidas para a Poboación Refuxiada

UNICEF Fondo das Nacións Unidas para a Infancia

UNFPA Fondo de Poboación das Nacións Unidas

OIM- Organización Internacional de Migracións

ONG españolas presentes na zona

O Fondo Galego de Cooperación, coordina as achegas de particulares ou concellos a entidades que traballan na zona. https://fondogalego.gal/

ACOLLEMENTO DE PERSOAS UCRAÍNAS

Se vostede xa ten acollidas persoas, existe un formulario así como un correo electrónico para dar conta da chegada de persoas refuxiadas a este país. Compre facelo para que o Ministerio teña constancia de todas as persoas que chegan a España, moito máis se se trata de menores.

apoyo.ucrania@inclusion.gob.es.

Páxina web https://www.inclusion.gob.es/es/ucrania/index.htm

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido