Con motivo da celebración do Día mundial dos dereitos das persoas consumidoras Arteixo súmase á iniciativa da Escola Galega de Consumo na que, cada venres, celébrase unha xornada de «Venres de consumo responde».
Trátase dunha convocatoria con vocación de permanencia, mediante a cal todos os venres ás 12.30 celebraranse a través da aula virtual de consumo charlas abertas a partir dunha temática, para que a cidadanía poda consultar as súas dúbidas.
Este venres, 18 de marzo ás 12:30 horas, inaugúrase esta iniciativa cunha charla virtual sobre a factura da luz neste enlace.
A sesión abrirase ás 12 horas de cada venres.