O Concelllo quere que o acceso á innovación sexa universal no municipio. O alcalde mantén reunións periódicas, a última tivo lugar onte, co Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE) da Universidade de A Coruña, co obxectivo de que ambas institucións colaboren no deseño de novos espazos de innovación que se crearán no CEIP Ponte dos Brozos e no Balneario.
O espazo do CEIP Ponte dos Brozos finánciase con fondos FEDER e o concello xa acordou cos responsables do centro educativo a construcción do mesmo. Suporá unha inversión de 140.000€ e xa conta con proxecto para a reforma dun espazo de 120m2, nun dos edificios do colexo, que poderá ser usado por alumnos e profesores do centro así como por toda a poboación de Arteixo en xeral. Convertirase nun laboratorio de innovación polivalente. O Concello quere que estes espazos fomenten, a través das novas tecnoloxías, a ciencia, recursos de carácter audiovisual ou a denominada «aula de futuro»
O segundo espazo destas características ubícase no Balneario de Arteixo que, coas obras xa en marcha, convertirase no espazo de referencia socio-cultural do concello.
O concello pretende, con este proxectos, democratizar o desenvolvemento de actividades que se levan a cabo en economía produtiva de forma que sirva para previr a desigualdade territorial e individual que se produce no acceso á innovación.