Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Espazo Educa regresa a Arteixo para abordar coas familias as "claves para educar na era dixital"

/ O Espazo Educa regresa a Arteixo para abordar coas familias as «claves para educar na era dixital»

“Tecnoloxía, convivencia e adiccións. Claves para educar na era dixital”, este é o título e o tema que abordará en Arteixo unha nova sesión dos obradoiros con familias enmarcados no Espazo Educa e que poñen en marcha a Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación do  Concello de Arteixo  e  A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade; e o Centro de Formación e Recursos da Coruña

A cita, o xoves 17 de febreiro ás 18 h, contará coa ponencia do Doutor en Psicoloxía Social, profesor Titular da Universidade de Santiago de Compostela e investigador  Antonio Rial Boubeta quen abordará algunhas claves para que pais e nais, como educadores, sexan quen de enfrontar no día a día, a relación dos menores coas tecnoloxías e os problemas que poden ocasionar.

Os interesados en participar, teñen que enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@arteixo.org indicando nome, apelidos e teléfono da persoa participante antes do día 15 febreiro ás 14:00 horas.

O obradoiro contará cun servizo de ludoteca para os asistentes que o precisen. Para dispoñer do mesmo teñen que enviar este formulario a educacion@arteixo.org antes do día 15 ás 14 horas.

 

 

 

 

Ir al contenido