Un equipo da Policía Nacional tramitará en Arteixo as renovacións e tramitacións do DNI os próximos 17 e 18 de febreiro. A reserva de prazas esgotouse ás poucas horas de abrir a convocatoria.
As reservas xa se poden facer chamando ao 981.600009.
Para as renovacións o único requisito será levar o DNI caducado, unha foto, o volante do padrón se hai cambio de domicilio e abonar a taxa de 12 euros.
Para os novos documentos hai que levar unha fotografía de carné, o certificado de nacemento que se solicita no xulgado, o padrón e abonar tamén a taxa de 12 euros.