Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Comezan as obras do Parque Central de Arteixo

PUBLICACIÓN

Comezan as obras do Parque Central de Arteixo

28 Dic, 2021 | NOTICIAS

O Concello inicia as obras necesarias para crear o novo parque central do núcleo de Arteixo. Os traballos consistiron, na primeira fase, en tarefas de limpeza e cerre do ámbito que ocupará esta nova área de ocio de 13.000 m2 que pasará a se converter na área de esparexemento máis grande o núcleo e suporá un investimento de 859.000 €

O novo parque terá varias zonas de xogos infantís, equipamentos deportivos, áreas biosaudables, unha cúpula central de madeira que sirva como punto de reunión ou pasarelas elevadas de madeira na zona húmida próxima ao río Bolaños o que permitirá que os veciños podan achegarse ao cauce.

A autora do proxecto é a arquitecta Yolanda de Arriba sinala que o parque proxéctase como unha gran estructura verde «debe de ser un elemento a través do que se conecten o resto de equipamentos, espazos públicos e percorridos próximos, de forma que complete a malla urbana e non funcione como un «fondo de saco». Para eso proxéctanse accesos peonís cara ao edificio da escola infantil e centro de maiores, o aparcamento e as outras zonas de xogos infantís existentes no paseo fluvial”.

O parque disporá  dunha senda secundaria que se adentrará na zona de vexetación da ribeira. Será unha senda elevada 50cm sobre o terreo con postes de madeira de castiñeira e sen ninguha cimentación. Trátase de afectar o menos posible a esta zona e revalorizala.

Unha das zonas do parque terá unha zona de patinaxe acompaña de xogos xuvenís e un graderío-solarium. Tamén proxéctase unha senda perimetral para conectar os distintos elementos deportivos. Complétanse os equipamentos cunha cúpula aberta , de madeira laminada, para falicitar o encontro entre os paseantes.

 

Ir al contenido