Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello de Arteixo sigue apostando pola mellora da educación da súa cidadanía e, nesta ocasión, como novidade, aposta pola organización dun congreso de educación afectivo-sexual.

/ O Concello de Arteixo sigue apostando pola mellora da educación da súa cidadanía e, nesta ocasión, como novidade, aposta pola organización dun congreso de educación afectivo-sexual.

Como crecer valientes, confiados e confiables: “Saúde afectivo-Sexual”

O Concello de Arteixo celebra so seu primeiro Congreso sobre Saúde afectivo – sexual, e faino no marco da celebración di Día do Neno, que se conmemora o vindeiro 20 de novembro.

Deste modo, a Concellaría de Educación aposta por responder a tres dereitos dos nenos, nenas e adolescentes recollidos na Convención dos Dereitos do Neno:

  • Dereito á educación

  • Dereito á saúde

  • Dereito á participación infantil

A concelleira de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, Inés Ramos, explica que ademáas constitúe un antídoto contra a discriminación e unha medida de prevención, na que se abordarán temáticas como son a saúde afectiva desde la neurociencia, o sexo, a xenitalidade e a promoción da saúde e a sexualidade.

Programa:

Adaptouse a programación tanto para o alumnado como para o equipo directivo e docente, desenvolvéndose a primeira xornada o venres 5 de novembro de 10:00 a 14:00 horas. Está dirixida a alumnado de 3º e 4º da ESO e FP Básica. A segunda xornada desenvolverase o luns 8 de novembro de 17:00 a 18:30 horas e está dirixida ao profesorado e equipos directivos de centros educativos do termo municipal de Arteixo. Ámbalas dúas xornadas levaranse a cabo en formato streaming desde o centro Arteixo Innovación.

O congreso contará con ponentes de recoñecido prestixio nos ámbitos da enfermería, da sexoloxía e da psicoloxía.

Ir al contenido