Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo presente no Congreso de Mobilidade Urbana Sostible que se celebra en Bilbao

PUBLICACIÓN

Arteixo presente no Congreso de Mobilidade Urbana Sostible que se celebra en Bilbao

6 Oct, 2021 | NOTICIAS, NOTICIAS ALCALDÍA

Carlos Calvelo está en Bilbao para representar a Arteixo no Congreso de Mobilidade Urbana Sostible ao que acode na súa calidade de vicepresidente da Comisión de Transportes e Mobilidade da Federación Española de Municipios de Provincias. A comisión, presidida polo tenente alcalde de Bilbao, Alfonso Gil, reúnese para tratar distintos asuntos relacionados coa mobilidade sostible nos concellos.

O alcalde coincidirá neste marco, según adianta a organización, coa ministra de transportes, Raquel Sánchez, á que o concello enviou esta semana unha carta na que solicitaba recuperar o convenio que a Xunta de Galicia e o Concello enviaron ao ministerio co obxectivo de eliminar a peaxe de Pastoriza a través da colaboración económica das administracións central, autonómica e local.

A mesa de negociación ofrecida en forma de convenio polo concello e a Xunta básase en que 19 millóns de euros serían a cifra necesaria para rescatar a peaxe da empresa AUDASA. A estas cifras habería que engadir a exención do pago do Imposto Especial sobre Bens Inmobles que AUDASA debería pagar ao concello ata o fin da concesión en 2049, e que suporía un aforro engadido para a concesionaria de preto de 10 millóns de euros. Sería unha solución que facilitaría toda a mobilidade da comarca de A Coruña en relación cos milleiros de desprazamentos que cada día realízanse ao polígono de Sabón

 

 

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido