Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo será único concello galego de menos de 50.000 habitantes cun sistema público de bicicletas

PUBLICACIÓN

Arteixo será único concello galego de menos de 50.000 habitantes cun sistema público de bicicletas

1 Oct, 2021 | NOTICIAS

Arteixo presentará aos fondos Next Generation un sistema público de bicicletas. Será o único concello galego de menos de 50.000 habitantes que pode optar a estes fondos porque é o único dese tamaño que dispón dun sistema público de autobuses que conectan as diferentes parroquias e conta, ademáis, cun plan de mobilidade urbana sostible.

O novo sistema de bicicletas, que terá o seu centro neurálxico no paseo fluvial ao seu paso por Arteixo, dirírxese nunha primeira fase aos centros educativos, deportivos, culturais e de ocio, así como aos espazos industriais próximos. Trátase de xerar un núcleo de mobilidade activa que potencie o eixe formado polo río Bolaños.

A implantación do sistema será gradual ata cubrir todo o territorio. Disporá de 135 bicicletas, 35 delas con apoio eléctrico; e doce estacións para a súa distribución. Serán dúas estacións principais cun sistema de peche automático e un sistema de recarga para as baterías dos vehículos con asistencia eléctrica. Terán ademáis unha marquesina de protección. As estacións secundarias serán 8 haberá ademáis outras dúas estacións locais que só disporán de puntos para anclar as bicicletas e estarán en puntos alonxados do núcleo urbán como as praias.

O Concello prevé ademáis a compra dun vehículo eléctrico para a recollida e reparto da flota. Tamén se instalarán catro módulos de aparcamentos públicos de bicicletas nos centros máis concorridos.

A actución ten un coste de 325.000 €

 

Ir al contenido