O concello de Arteixo finaliza as obras necesarias para convertir en comedor un espacio situado na planta baixa do edificio do colexio de Barrionovo en Pastoriza.
O executivo cumple así coa demanda dos pais con fillos que asisten o colexio e que esixían que o centro contara cun espacio adecuado para comedor escolar. O centro, de educación infantil, conta actualmente con preto de cincuenta alumnos en cada curso.
A reforma acometida polo municipio creou un espacio diáfano na planta baixa de xeometría trapezoidal que conta cunha salida directa o exterior e ventanas a vía pública rúa María Montesori. Está conectado interiormente co distribuidor da planta baixa e coa zona de instalacións na planta semisótano, a que se accede a través dunhas escaleiras descendentes. O concello tamén instalou un mesado de cocina cun fregadoiro, con previsión para o equipamento dun lavavaixelas e unha nevera, cunhas instalacións necesarias a tal fin, ademáis de mellorar a iluminación actual. Tamén se instalou un armario para almacenaxe de material de psicomotricidad.
No mesmo centro de Barrionovo tamçén se comenzará a ofertar o servizo de madrugadores (denominado Mañanceiros), que se encarga de recoller os nenos que teñen que ir antes da hora do inicio das clases por necesidades de conciliación. A Concellaría de Educación pon así en marcha un servizo de conciliación para as mañás na Escola Infantil de Barrionovo, pero tamén na Escola Infantil de Vilarrodís e no CEIP Galán, tres centros que ata o de agora non tiñan este servizo. A demanda dalgúns pais dos tres centros motivou que se extenderá un servizo que xa esta a funcionar na maioría dos centros educativos do concello.
O servizo de “MAÑANCEIROS” consiste nunha atención para aquel alumnado que necesita estar no centro antes do horario lectivo e así poder facilitar ás familias a conciliación tamén nos horarios previos á xornada escolar.
Pódese solicitar este servizo mediante inscrición en modelo normalizado. As prazas adxudícanse por rigurosa orde de inscrición (terase en conta a hora e data de entrada través de correo electrónico ou de entrega no departamento de Educación). Unha vez cubertas as prazas dispoñibles, as solicitudes incluiranse en listaxe de agarda.
Unha vez inscrito hai que entregar o modelo no Departamento de Educación, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas) ou enviandoo ao correo electrónico (educacion@arteixo.org).
Condicións xerais do servizo:
- Será necesario que exista un nº mínimo de persoas inscritas para a posta en marcha do servizo (5 persoas).
- O servizo prestarase nos días lectivos estipulados no calendario escolar para o curso 2021/2022 pola Consellería de Educación.
- O servizo atenderá ao alumnado a partir das 7 horas (de forma xeral o horario de inicio adaptarase ás necesidades) e prestarase ata a hora de entrada que se marque como horario lectivo polo centro.
- É de obrigado cumprimento protocolo COVID vixente no centro.