Coñece o Rego da Graña co Departamento de Turismo do Concello.Trátase dunha nova ruta de sendeirismo, a cuarta no que vai de ano, coa que preténdese dar a coñecer á veciñanza rincóns singulares, ben polo seu entorno natural ou a súa riqueza histórica e artística, do noso municipio.
Será este sábado 21 de Agosto con saída: 10:30 do Club de Golf Hércules.
A ruta, de 5 kilómetros de percorrido, precisa de inscrición previa que podes formalizar a través do correo turismo@arteixo.org; ou nos teléfonos 981 659 176 e 981 659 177.