Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O alcalde supervisa co Delgado da Xunta as obras do CEIP Ponte dos Brozos

/ O alcalde supervisa co Delgado da Xunta as obras do CEIP Ponte dos Brozos

O alcalde Carlos Calvelo acompañou hoxe ao delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, na súa visita ao CEIP Ponte dos Brozos. Tratábase de comprobar o resultado das obras de mellora realizadas recentemente nas que a Xunta investiu case 250.000 euros.

 A obra consistiu fundamentalmente en dúas actuacións no edificio do colexio coñecido como pavillón 2, no que se levou a cabo a substitución da chapa de cuberta por un panel sandwich de 30 mm. de espesor e a aplicación en fachada dun sistema de illamento térmico polo exterior, coñecido como SATE, cun espesor de placas de illamento de 8 cm.

Consideráronse ademais todos os pequenos traballos previos e posteriores de retirada e recolocación de elementos de fachada e cuberta que eran necesarios, como desvíos de instalacións existentes, retirada e reposición de chemineas, antenas, alarmas, etc.

Tamén se eliminou o canlón de cuberta existente, realizado en obra sobre fachada e sacouse ao exterior para evitar futuros problemas de humidades e filtracións cara ao interior, e substituíronse todas as baixantes de pluviais.

Trenor subliñou que os principais beneficios desta actuación son unha mellora da eficiencia enerxética do edificio, ao incorporar espesores moi significativos de illamento, tanto en cuberta, como sobre todo en fachadas, o que ademais levará á case total eliminación de pontes térmicas e por tanto de condensacións no interior

Ademais, melloraronse as condicións de estanqueidad fronte á auga da cuberta e da fachada, eliminando problemas previos deste tipo e previndo outros futuros pola aplicación de sistemas construtivos de mellores características que os existentes; e a execución dun acabado exterior das fachadas completamente novo, ao quedar rematadas co morteiro terminación do sistema SATE empregado, o que sen dúbida repercute nunha mellora do aspecto exterior do edificio en canto a estética na zona.

 

Ir al contenido