Arteixo convértese o próximo 3 de xullo en capital do Judo. O Concello acolle unha nova edición das terceiras xornadas formativas de Judo.
A xornada, dirixida a adestradores de judo, será no Pazo de deportes desde as 16.00h ata as 21.00h e está organizada polo Club Edukajudo.
Ao acto conectaranse vía en liña os presidentes da Confederación panamericana de Judo D. Carlos Zegarra e o de Galicia D. Mario Muzas e participarán en modo presencial os judokas do Club Edukajudo de Arteixo, e en modo en liña profesores colexiados de Galicia e Hispanoamérica.
Haberá diferentes docentes, expertos nas súas materias, que propoñerán novas tendencias e coñecementos que farán aumentar sen dubida a bagaxe dos docentes en Judo.