A Concellería de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación pon o punto e final a un ano de actividades extraescolares marcado, como todo o demáis, pola pandemia da COVID.
Neste curso participaron nestas actividades 300 escolares con alternativas tan diversas como baile galego, baile moderno, taller de arte, idioma estranxeiro, informática-robótica, investigamos, música, pandeireta e teatro.
A concellería que dirixe Inés Ramos apostou decididamente, pese ás restriccións derivadas da situación epidemiolóxica, polos servizos de conciliación, cunha readaptación progresiva de obxectivos e programacións. Anualmente invístense máis de 250.000 € en contratos de servizos de actividades extraescolares e campamentos que facilitan a conciliación da vida familiar e laboral.
Inés Ramos quere agradecer a colaboración, o esforzo realizado e a responsabilidade demostrada no cumprimento das medidas fronte ao COVID polas familias, polas alumnas e alumnos participantes e por todo o monitorado que se encargou de impartir as distintas actividades extraescolares educativas.