Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A Escola de Música pecha o curso coa entrega de diplomas aos alumnos que finalizan a súa formación

/ A Escola de Música pecha o curso coa entrega de diplomas aos alumnos que finalizan a súa formación

Sabela Abenza Fernández, galardoada co premio ao Mellor Expediente do curso 2020-2021 na Escola Municipal de Música.

A Concelleira de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, Inés Ramos fixo entrega, nun acto no auditorio do Centro Cívico, dos dos diplomas ao alumnado que remata a súa formación neste centro.

A Escola de Música acolle actualmente a 258 alumnos. 238 cursan os seus estudios en Arteixo e 20 na sede de Meicende.

Como centro de ensinanza non oficial, imparte ensinanzas dirixidas á formación práctica en música de afeccionados maiores de catro anos ou que os cumpran no ano natural do inicio do curso, de maneira que comprenda diferentes manifestacións, desde o folclore tradicional galego e a formación clásica até a música moderna e contemporánea.

Actualmente pódense cursar na EMMA ensinanzas de Música e movemento para nenos  entre os 4 e os 8 anos; práctica instrumental a partir dos 8 anos de idade; ormación musical complementaria á práctica instrumental e actividades instrumentais e vocais de conxunto

Ramos agradeceu a colaboración, o esforzo realizado e a responsabilidade demostrada no cumprimento das medidas fronte o COVID  por parte do alumnado e profesorado. A concelleira destacou asímesmo a comprensión por parte de país e nais que fixeron posible superar un curso marcado polas dificultades que foron xurdindo ao longo dos meses. Un ano moi excepcional que rematou cuns moi bos resultados.

   

Ir al contenido