Un total de 286 veciños solicitaron participar, nas distintas quendas, nos cursos de verán de surf que organiza o servizo municipal de deportes. Ofertábanse 240 prazas.
O vindeiro xoves 17 de xuño celebrarase ás 11.00 h no Pazo dos Deportes o sorteo de prazas. No caso dos grupos donde o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.
A exposición pública da listaxe de persoas admitidas será a partir do 18 de xuño na páxina web municipal e no Servizo Municipal de Deportes. As persoas admitidas terán un prazo para formalizar a matrícula: do 21 ao 24 de xuño, que poderá facerse de xeito presencial no Servizo Municipal de Deportes con cita previa, ou a través do correo electrónico na dirección deportes@arteixo.org
De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións directas a partir 28 de xuño.
Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (https://arteixo.org/servizos/pagos-online).