Arteixo celebrou, despois dun intenso traballo do Departamento de Informática, o seu primeiro pleno telemático
O Concello aproba, nun pleno urxente e telemático, as bases normativas da primeira liña de axudas para autónomos, pemes e hostaleiros.
A proposta foi aprobada de forma unánime.
As axudas serán dun mínimo de 1.800 euros e un máximo de 3.000 por autónomo. Todos os beneficiarios que cumpran coas bases de solicitude terán a súa axuda que será, ademáis, de concorrencia non competitiva o que quere dicir que haberá fondos suficientes para atender a todas as solicitudes que se presenten conforme ás bases establecidas.
A sesión tamén aprobou, cos votos favorables de toda a corporación, o cambio do sistema do pago das axudas para o comedor escolar.