O Servizo Municipal de Deportes fai pública a listaxe de persoas admitidas nos cursos de verán de surf, como resultado do sorteo público celebrado o 22 de maio ás 11.00 h no Pazo dos Deportes de Arteixo, no que a letra resultante de dito sorteo foi a «X».
As persoas admitidas terán do 26 ao 30 de maio para formalizar a matrícula , que poderá facerse de xeito presencial no Servizo Municipal de Deportes, ou a través do correo electrónico na dirección deportes@arteixo.org.
De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións directas a partir do 2 de xuño.
Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Arteixo