Unha vez finalizado o proceso de renovación dos cursos de natación trimestrais de ene-feb-mar, comunícase o proceso de preinscrición de prazas vacantes:
O Prazo de preinscrición de prazas libres: do 26 de novembro ao 3 de decembro
- O impreso de preinscrición poderase recoller nas oficinas do Complexo Deportivo Municipal de Pastoriza – Meicende ou descargalo aquí Tamén na páxina do CDM . Deberase entregar nas oficinas do CDM Pastoriza – Meicende, en horario de 07:30 a 22:00 h de luns a venres e de 10.00 a 13:30 h. sábados e domingos. Do mesmo xeito poderase enviar á dirección de correo cdmadministracion@axinasd.com.
- No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público, procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.