Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Proxecto para a mellora da seguridade viaria en Ervedíns

PUBLICACIÓN

Proxecto para a mellora da seguridade viaria en Ervedíns

24 Ene, 2024 | NOTICIAS

O concello de Arteixo aprobará mañá en pleno un proxecto de construción que posteriormente será enviado á Deputación para que execute unha mellora da seguridade viaria da estrada DP-0511 ao seu paso por Ervedíns.

O proxecto está xa redactado e só hai que proceder á súa licitación, cun orzamento base de 466.000 euros. O concello solicita así formalmente a actuación para que sexa incluída no «Plan de Sendas 2024».

A actuación desenvolverase no ámbito do núcleo de Ervedíns onde o concello detectou problemas de accesibilidade, e mobilidade por mor da existencia de barreiras arquitectónicas, tamén constatou a inexistencia dun itinerario seguro e homoxéneo que permita acceder ao núcleo rural en condicións de seguridade. Outros problemas son a inexistencia de mobiliario urbano e unha iluminación obsoleta.

Hai que lembrar que a Deputación é a administración que ten todas esas competencias de actuación nesa zona debido a que a estrada é da súa titularidade. A actuacións que propón o concello no seu proxecto pasan pola reorganización do tráfico de vehículos e peóns no ámbito coa creación dun itinerario peonil homoxéneo e continuo, constituído por novas superficies de estancia, ademais da mellora da estética e da seguridade viaria da contorna.

Esta formulación reforzarase mediante o cambio de pavimentos, soterramento de liñas aéreas e instalación de novo equipamento urbano. Así, o proxecto propón executar unha humanización da contorna, proporcionando un espazo seguro para os transeúntes da vía, dando prioridade ao peón sobre o vehículo.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido