O concello de Arteixo volve a pedirlle a Deputación da Coruña que solucione os diversos problemas que sofre a carretera da súa competencia DP-503 que comunica Pastoriza con Suevos.
Onte repetíronse ese problemas cun atasco de varios camións provocado por un derrame de aceita. A pesar da actuación inicial dos bombeiros pola mañá cando se detectou o derrame, a falta de mantemento e as malas condicións da carretera provocaron que pola tarde os camións quedasen atascados outra vez debido a que a carretera aínda estaba moi resbaladiza.
Esta situación é fruto da falta de inversión nunha vía que carece de senda peatonal, a pesar de que nas súas marxes se encontra o centro social municipal e que necesita que se aumente o seu ancho.
O concello leva anos trasladando a Deputación da Coruña a súa preocupación pola seguridade viaria desta estrada provincial DP-503 PASTORIZA-SUEVOS-PORTODE SUEVOS .
O concello xa sinalou en escritos enviados a Deputación que “a estrada DP-503 de titularidade provincial presenta un grave risco de seguridade viaria.
Esta estrada une os núcleos de Pastoriza co de Suevos e o Porto de Suevos. Actualmente é unha estrada moi transitada por tráfico pesado que atravesa o núcleo principal da poboación de Suevos”.
O 23 de xullo do 2021, o Concello de Arteixo xa presentou o primeiro escrito dirixido á Deputación de A Coruña, solicitando a mellora da seguridade viaria da estrada DP-503
A mellora da seguridade viaria da DP-503 solicitada por Calvelo tería que facerse principalmente no núcleo de poboación de Suevos mediante a mellora da sinalización vertical e horizontal, o calmado do tráfico, a toma de medidas para a redución do perigo da estrada co seu ancheamento e a construción dunha senda peonil que una o centro do núcleo de Suevos co novo centro social construido polo concello.