O concello e a Xunta de Galicia acordan a posta en marcha dun protocolo para capturar xabaríns debido a que a súa presenza en zonas urbanas de Arteixo pode ser perigosa para as persoas e están a causar danos nas infraestruturas públicas.
O protocolo establécese entre o concello e a consellería do Medio Rural e consiste na colocación de gaiolas-trampa en lugares estratéxicos frecuentados polos animais. Este labor está encomendada pola Xunta de Galicia á empresa Tragsa, e a administración autonómica presta ademais apoio técnico ao concello para a xestión posterior do animal, que será sacrificado por un veterinario e posteriormente enviado a unha empresa especializada no tratamento de animais.
Arteixo estivo sufrindo a presenza de jabalíes nas zonas periurbanas de Meicende e Pastoriza, onde se rexistraron danos en infraestruturas públicas como zonas axardinadas. O concello toma esta medida tamén preocupado polo posible perigo que en momentos puntuais poidan supoñer para as persoas.