O concello inicia as obras para construír unha estrutura que cubra do parque infantil situado á beira do centro cívico e que te un investimento cercano aos 400.000€.
O parque infantil está situado ao final da rúa Alcalde Baldomero González, con acceso desde a mesma e desde o paseo fluvial do núcleo urbano de Arteixo, e lindeiro co Centro Cívico, é un espazo con gran uso, accesible para persoas con mobilidade reducida ao non ter barreiras.
Na área, duns 1.070 m2 aproximadamente, localízanse dúas zonas de xogos dispostos sobre pavimento de caucho continuo divididas por un carreiro de pedra que comunica o paseo fluvial, ao suroeste co hórreo situado ao nordés dentro da mesma parcela. Así mesmo, nas inmediacións da zona de xogos emprázanse bancos de descanso, mesas de picnic, papeleiras, unha fonte, equipamento lumínico e un valado que delimita a parcela co río e o paseo fluvial. O resto da parcela áchase axardinada con céspede e arboledo.
O proxecto xorde dunha mellora nos usos deste parque infantil. Nunha fase inicial estudáronse diversas alternativas, que converxeron na solución que se desenvolve no presente proxecto. A proposta busca xerar un lugar para os máis pequenos, capaz de acoller actividade os 365 días do ano con independencia das condicións meteorolóxicas.
O novo espazo cuberto comprende as dúas zonas de xogos existentes, limitándose estritamente á zona dedicada ao xogo e ao camiño de acceso ao hórreo que divide as dúas partes. Óptase por unha solución a modo de estrutura téxtil, composta por 3 módulos conoidales que se fusionan formando unha única bóveda que cobre a área mencionada.
Componse dunha estrutura de aceiro de diámetros reducidos e por materiais de cubrición lixeiros e de máxima transparencia: láminas de ETFE (Etileno Tetraflúor Etileno). Segundo sinalan os técnicos autores do proxecto, a lámina escollida para este proxecto, non só é singularmente transparente, senón que ofrece unhas extraordinarias prestacións térmicas minimizando o paso dos raios infravermellos, que son os que inciden no incremento de temperatura no interior da cuberta. Ademais trátase dun material resistente á corrosión e aos raios ultravioletas, o que o redunda nunha extraordinaria durabilidade, algo moi importante neste tipo de intervencións.