Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo dispón de 14 prazas na nova campama de neve da Deputación Provincial

/ Arteixo dispón de 14 prazas na nova campama de neve da Deputación Provincial

Preinscrición Campaña de Neve 2023

Arteixo dispón de 14 prazas para unha nova campaña da neve da Deputación da Coruña. A Deputación da Coruña organiza a Campaña de Neve 2023, que terá lugar na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias), para rapaces e rapazas de entre 11 e 15 anos inclusive cumpridos a 31/12/2022. Os participantes desfrutarán de 4 días na estación invernal e contarán con cursos de esquí e actividades complementarias.

Ao Concello de Arteixo concedéronselle 14 prazas para rapaces e rapazas empradroados en Arteixo e corresponderalle a sexta quenda, do 17 ao 20 de febreiro de 2023. O transporte desde a comarca tanto de ida como de volta está incluido. Terán preferencia as persoas que non asistirán a campañas de inverno anteriores.

Cada participante deberá aboar unha cuota de inscrición de 85 €.

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN

1.    PREINSCRICIÓN: As preinscricións deberán entregarse con data límite o 16 de decembro antes das 14.00 h no Servizo Municipal de Deportes, na Avenida Arsenio Iglesias s/n (de luns a venres de 09.00 h a 14.00 h) ou na dirección de correo electrónico deportes@arteixo.org
2.    Descarrega o formulario aquí
3.    SORTEO PÚBLICO. No suposto de ter máis solicitudes que prazas ofertadas (14) realizarase un sorteo público ante o Secretario Municipal que terá lugar o luns 19 de decembro ás 09.30 horas no salón de plenos da Casa do Concello.
4.    MATRÍCULA. As persoas que teñan praza adxudicada deberán entregar a seguinte documentación no Servizo Municipal de Deportes antes das 14.00 h do 22 de decembro:

  • a.    Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada
  • b.    Fotocopia tarxeta sanitaria
  • c.    Fotocopia carné de identidade ou libro de familia
  • d.    Copia aboamento cota inscrición (cando a praza estea confirmada e o número de conta publicado na web da Deputación)
  • e.    No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teñan que ser tidos en conta, adxuntarase certificado médico asinado por facultativo/a. De igual xeito, no caso de medicación específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo.
  1. Todas as persoas solicitantes que non obtivesen praza, pasan a formar parte da listaxe de agarda.

Folleto informativo

Ir al contenido