O Concello comezou hoxe, utilizando medios propios, unha limpeza manual do cauce do río Bolaños. O executivo local opta por este tipo de limpeza para evitar o uso de maquinaria e protexer, deste xeito, o ecosistema do cauce e a estrutura do leito do río así como a súa fauna e flora.
Todo o material vexetal extraído úsase posteriormente para facer compost.
Arteixo xa dispón, no seu obxectivo de preservar e coidar o entorno dos ríos do municipio, do Proxecto Londra, un programa que ten como obxectivo abordar a implementación de medidas de restauración de ecosistemas fluviais mediante a recuperación da morfoloxía e dinámica natural dos cauces e o fomento de solucións basadas na natureza no contorno dos ríos Bolaños e Bidueiro.
A Unión Europea concedeu ao concello unha subvención de 907.000€ para levalo a cabo. Arteixo presentárase en marzo pasado á convocatoria de subvencións da Fundación Biodiversidade para o fomento de actuacións dirixidas á restauración de ecosistemas fluviais e á reducción do risco de inundación en entronos urbanos a través de solucións baseadas na natureza dentro do marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea dentro dos fondos Next Generation.
O concello plantexa catro obxectivos específicos dentro deste proxecto Londra: mellorar a continuidade e incremento do espazo fluvial dos ríos Bolaños e Bidueiro; desenvolvemento dun sistema de drenaxe urbano sostible enfocado a impedir o arrastre de contaminantes e reducir os costes económicos derivados da súa xestión; ampliación das obras de drenaxe transversal existente; e garantir a correcta execución do proxecto e a participación da cidadanía ao longo do seu desarrollo.
O proxecto tamén desarrolla a implantación de novos sistemas de drenaxe urbanos sostible coa fin de captar e xestionar auga de chuvia de forma máis respetuosa co ciclo natural e eviar a súa contaminación permitindo a súa valorización ou devolución ao medio natural.