Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O espazo educa chega a Arteixo co obxectivo de tender pontes entre a escola e as familias

/ O espazo educa chega a Arteixo co obxectivo de tender pontes entre a escola e as familias

A concellería de educación trae a Arteixo a presentación do Espazo-Educa, unha iniciativa da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Centro de Formación e Recursos da Coruña. Será o próximo 17 de novembro no Centro Cívico Cultural de Arteixo coa posta en marcha da actividade do “Obradoiro con familias: participación e benestar da comunidade educativa”.

Inés Ramos, concelleira de Igualdade, Servizos Socias, Sanidade e Educación, e Emilio Veiga, director do Centro de Formación e Recursos da Coruña, comparten que con esta iniciativa empezarase a fomentar un novo espazo que axude a potenciar as relacións entre os diferentes membros das comunidades educativas de centros de Infantil e Primaria do Concello de Arteixo, na liña de establecer canles de comunicación e diálogo entre eles.

A xornada contará coa mestra, pedagoga, inspectora educativa, e experta na mellora da convivencia escolar, Nélida Zaitegui que dirixirá o Obradoiro “Participación e benestar da comunidade educativa.

Os principais obxectivos que se pretenden acadar no Espazo-Educa, que se desenvolverá ao longo de todo o curso escolar cunha periodicidade trimestral na que se dará cabida a una actividade informativa-formativa sobre temáticas de máximo interese para as comunidades educativas, son:

  • Aproveitar a oportunidade que nos brinda a formación de ENAPAS nos proxectos de formación (PFPP) e tamén con accións paralelas aos mesmos, de traballar dunha forma coordinada e conxunta entre equipos directivos, profesorado e familias co obxecto da mellora da calidade educativa.
  • Facilitar a formación de Pontes que favorezan as relación familia-escola, tal e como recollen os desenvolvementos curriculares das diferentes etapas así como a Lei 4/2011 de convivencia e participación da comunidade educativa do e o Decreto 8/2015, que desenvolve dita norma.
  • Mesmamente axudar a dar resposta a necesidade que xurde da realidade do posicionamento das persoas que forman as comunidades educativas onde cada vez a sociedade nos demanda maior coordinación, implicación e movementos comunitarios seguindo a liña da Pedagoxía Sistémica.

Trátase de analizar o camiño da formación continua do profesorado e das familias para facer fronte a retos como o uso das tecnoloxías, os xogos dixitais, as cibercondutas, os estereotipos de xénero na familia e a aposta pola igualdade, a educación nutricional e estilos de vida saudables dentro e fóra da escola, a inclusión social, a mellora da convivencia, a importancia das competencias socioemocionais, e do benestar persoal e social… dentro das comunidades educativas coidamos que son elementos máis que suficientes para facer un pequeno esforzo entre todos e todas e traballemos nunha dirección común.

Contarase cun servizo de ludoteca para todas aquelas persoas asistentes que o precisen.

A inscrición para o servizo de ludoteca realizarase enviando o seguinte Formulario de inscrición ao correo electrónico educacion@arteixo.org antes do día 16 ás 14:00 horas.

A inscrición para o obradoiro realizarase enviando un correo electrónico ao enderezo educacion@arteixo.org indicando nome e apelidos da persoa participante antes do día 16 ás 14:00 horas.

Prazas limitadas por rigurosa orde de inscrición

 

Ir al contenido