Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O alcalde presenta o novo centro social de Vilarrodís que se construirá en 2022

PUBLICACIÓN

O alcalde presenta o novo centro social de Vilarrodís que se construirá en 2022

11 Nov, 2021 | NOTICIAS

Carlos Calvelo presenta hoxe o proxecto para o novo centro social de Vilarrodís. Cun presuposto de 990.000€ e unha superficie de 600m2, estará situado ao carón da Escola Infantil e servirá para actividades da escola e como centro de referencia dos servizos municipais para os veciños da zona.

O proxecto contempla unha edificación que permitirá desenvolver todo tipo de actividades, reunións e actos, pero tamén está plantexado como complemento para a mellora das demandas dos usuarios da escola infantil e adaptala ás vidas laborais dos proxenitores. Deste xeito o novo espazo permitirá ofrecer servizos de madrugadores e de comedor. O novo edificio maximiza ao máximo os recursos para poder desenvolver, en diferentes horarios, servizos para a escola e para o resto da comunidade.

O concello espera finalizar antes de fin de ano a tramitación do documento urbanístico que xa enviara á Xunta de Galicia en 2019 para a avaliación medioambiental desta instalación. A previsión é que o novo centro podería comezar a se construir, despois da súa licitación en xaneiro próximo, no verán de 2022.

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido