O Concello sustitúe os contedores de papel e cartón por outros de maior capacidade debido ao incremento da reciclaxe por parte da veciñanza. Os técnicos xa instalaran novos colectores o pasado mes de xullo , como proba piloto, na Avenida do Balneario, Praza das Viñas, Travesía de Arteixo e rúa Capela.
Os novos contedores expándense agora a outras zonas urbanas coa mesma necesidade. Será unha instalación progresiva.
Arteixo municipalizou o servizo de recollida de residuos en 2018 e instalou daquela isletas de cinco fraccións. Desde ese momento as porcentaxes de recilcaxe medraron ata, como constata ECOEMBES, a entidade encargada da xestión da reciclaxe de papel e cartón, en seis kilos por habitante en dous anos pasando dos 11 kilos de 2018 aos 17 de 2020.
O concello continúa ademáis reforzando o servizo coa instalación de novas isletas de cinco contedores en diversos puntos do municipio. Foron 21 novas isletas nas últimas semanas que únense deste xeito aos 2.000 contedores instalados a finais de 2018.