Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo creará un novo organismo público para a xestión do tratamento da auga

PUBLICACIÓN

Arteixo creará un novo organismo público para a xestión do tratamento da auga

20 Sep, 2021 | NOTICIAS, NOTICIAS ALCALDÍA

Arteixo contarácun novo organismo público para a xestión dos sistemas de abastecemento e saneamento do municipio. O executivo local elevará esta proposta a pleno o 30 de setembro próximo. O novo organismo denominarase Servizos Urbanos Municipais de Arteixo e constituirase con un funcionamento similar á empresa pública de Emalcsa en A Coruña.

O Concello da este paso porque é preciso reformular a estrutura organizativa pública que agora xestiona todos os sistemas de auga do municipio diante da posta en marcha do polígono de Morás, a construcción dunha nova potabilizadora no encoro de Sabón ou o progresivo aumento da actividade industrial no Porto Exterior.

O novo organismo será creado co 100% do capital público e no mesmo terán representación todos os grupos políticos do pleno.

Carlos Calvelo explicou hoxe esta proposta aos voceiros dos distintos grupos: «o concello asumiu nos últimos anos a xestión directa e pública de servizos básicos municipais, que poden verse ampliados no futuro próximo, e a complexidade na organización que esto supón, obriga a cuestionarse o modelo de xestión directa, tendo en conta a evolución de todos os aspectos- económico, social, demográfico- que nos últimos anos produciuse no municipio. A este respecto, desde o ano 2000 a población medrou un 30%, pasando de 22.153 habitantes a 32.894 en 2021, e todo indica que seguira medrando, fundamentalmente nos núcleos urbanos».

O primeiro edil tamén resaltou que está previsto que próximamente o Polígono de Morás inice a súa actividade, polo que o concello terá que asumir máis servizos e o mesmo sucederá co Porto Exterior. Esta evolución está reflexada nos orzamentos municipais que se triplicaron se comparamos as contas de 2000 coas de 2017. :“Nesta situación, debemos adecuar os medios actuais aos novos retos e circunstancias, buscando, entre as formas posibles, aquela forma de xestión que mellor responda a estas necesidades”, engadiu o alcalde.Nste sentido, a Lei reguladora das bases de réxime local, no seu artículo 85.2 establece a posibilidade de que “os servizos de competencia local poden acollerse a xestión directa”.

Entre os novos retos que terá que asumir o novo organismo está a xestión da nova potabilizadora, que se licitará nos próximos meses cun presuposto de case 2,7 millóns de euros. O obxectivo é lograr a potabilización da auga do encoro de Sabón. Este proxecto garate os consumos para décadas.

Outros retos son as obras que se levan a cabo a través de sendos convenios con  Augas de Galicia e Emalcsa co obxectivo de asegurar o crecementos poblacionais e industriais nos próximos 25 anos. Estas obras serven para conectar a zona de abastecemento de Vío Alto con dúas conexións no núcleo de Arteixo e outra no Polígono de Morás, ademáis dea mellora da rede de saneamento na súa conexión coa Edar de Bens.

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido