Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Os terreos do parque central de Arteixo serán municipais no mes de xullo

PUBLICACIÓN

Os terreos do parque central de Arteixo serán municipais no mes de xullo

23 Jun, 2021 | NOTICIAS, NOTICIAS ALCALDÍA

O Concello realizará o próximo martes a aprobación definitiva do expediente de expropiación do que será o maior parque do núcleo de Arteixo e que ocupará 13.000 m2 no entorno do Paseo Fluvial. Cumprido este trámite o concello tomará posesión dos terreos en xullo próximo c comezará a licitación do proxecto que suporá unha inversión cercana ao millón de euros e que reforzará as infraestructuras de ocio que xa existen na contorna.

parque

O novo parque terá varias zonas de xogos infantís, equipamentos deportivos, áreas biosaudables, unha cúpula central de madeira que sirva como punto de reunión ou pasarelas elevadas de madeira na zona húmida próxima ao río Bolaños o que permitirá que os veciños podan achegarse ao cauce.

A autora do proxecto é a arquitecta Yolanda de Arriba sinala que o parque proxéctase como unha gran estructura verde «debe de ser un elemento a través do que se conecten o resto de equipamentos, espazos públicos e percorridos próximos, de forma que complete a malla urbana e non funcione como un «fondo de saco». Para eso proxéctanse accesos peonís cara ao edificio da escola infantil e centro de maiores, o aparcamento e as outras zonas de xogos infantís existentes no paseo fluvial”.

parque

O parque disporá  dunha senda secundaria que se adentrará na zona de vexetación da ribeira. Será unha senda elevada 50cm sobre o terreo con postes de madeira de castiñeira e sen ninguha cimentación. Trátase de afectar o menos posible a esta zona e revalorizala.

Unha das zonas do parque terá unha zona de patinaxe acompaña de xogos xuvenís e un graderío-solarium. Tamén proxéctase unha senda perimetral para conectar os distintos elementos deportivos. Complétanse os equipamentos cunha cúpula aberta , de madeira laminada, para falicitar o encontro entre os paseantes.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido