Información municipal actualizada sobre as medidas respecto á COVID-19 aplicadas á cidade e á Administración

 

Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Listaxe de admitidos nos cursos de verán de surf

INICIO > Listaxe de admitidos nos cursos de verán de surf

O Servizo Municipal de Deportes da a coñecer a listaxe de persoas admitidas nos cursos de verán de surf.

O sorteo público celebrouse o 17 de xuño de 2021 ás 11.00 h no Pazo dos Deportes de Arteixo.A letra resultante de dito sorteo foi a “C”.

As persoas admitidas teñen do 21 ao 24 de xuño para formalizar a matrícula . Poderán facelo de xeito presencial no Servizo Municipal de Deportes con cita previa,  ou a través do correo electrónico na dirección deportes@arteixo.org.

De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións directas a partir do 28 de xuño, nun máximo de catro grupos en total por persoa.

Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online), unha vez se dispoña do recibo correspondente.

Resultado Sorteo

Ir al contenido