O Servizo Municipal de Deportes da a coñecer a listaxe de persoas admitidas nos cursos de verán de surf.
O sorteo público celebrouse o 17 de xuño de 2021 ás 11.00 h no Pazo dos Deportes de Arteixo.A letra resultante de dito sorteo foi a «C».
As persoas admitidas teñen do 21 ao 24 de xuño para formalizar a matrícula . Poderán facelo de xeito presencial no Servizo Municipal de Deportes con cita previa, ou a través do correo electrónico na dirección deportes@arteixo.org.
De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións directas a partir do 28 de xuño, nun máximo de catro grupos en total por persoa.
Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (https://arteixo.org/servizos/pagos-online), unha vez se dispoña do recibo correspondente.