Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Barrañán e o Porto de Sorrizo conectados por un paseo peonil

PUBLICACIÓN

Barrañán e o Porto de Sorrizo conectados por un paseo peonil

17 Jun, 2021 | NOTICIAS, NOTICIAS ALCALDÍA

Barrañán e Sorrizo estarán conectados por un paseo peatonal. O Concello comeza hoxe a instalar a sinalización que regulará un tramo desta carretera.

Esta actuación prolonga o paseo marítimo de Arteixo ata o porto de Sorrizo xa que o novo tramo peonil discorre pola liña de costa de Arteixo. O Concello tamén convertirá en peatonal, pendente agora, o tramo de 50 metros entre a praia de O Reiro e o comezo deste novo tramo.

O Concello instala hoxe a sinalización necesaria para facer peonil a estrada que conecta os areais de Barrañán co porto natural de Sorrizo. A partir de hoxe, e por motivos de seguridade, os vehículos estarán obrigados a desviarse. Só se permitirá o acceso aos garaxes das vivendas dos residentes. Tamén aos vehículos autorizados de emerxencias e vehículos municipais. O uso da infraestructura quedaría exclusivamente para o uso peatonal e ciclista

O paseo marítimo de Arteixo comeza en Sabón e, tras discorrer por Repibelo, A Hucha, Combouzas, Barrañán e O Reiro, alcanza os preto de 7 km de lonxitude.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido