Ir o contido principal

Liga Municipal de Fútbol Sala

Futbol Sala Arteixo
 

Publícase a relación de equipos renovados para a tempada 2017/2018 na liga municipal de fútbol sala do Concello de Arteixo. Desde o servizo municipal de deportes infórmase que, segundo as renovacións dos equipos participantes na tempada pasada, quedan libres 12 prazas na categoría sénior. Na categoría de veteranos non hai prazas dispoñibles.

Lembramos que sorteo público para a asignación de prazas vacantes, terá lugar o vindeiro venres 22 de setembro ás 11.00 h no Salón de Plenos Municipal.

Asímesmo o prazo para formalizar a matrícula abrangue do 25 de setembro ata o 6 de outubro, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Pazo dos Deportes en horario de 20.00 a 22.00 h de luns a venres. No caso contrario, procederase á anulación da praza.

  • Documentación de matrícula
    • Folla de inscrición cos datos do equipo e dos xogadores
    • Fichas de todos os xogadores: dúas fotografías e unha fotocopia do D.N.I por xogador
      • Xustificante de pago: Recollerase no Pazo dos Deportes ou recibirase por mail una vez facilitados os datos oportunos para a súa tramitación para abonar no banco o prezo público de inscrición da liga de fútbol sala.
      • Entrega da documentación e xustificante de pago antes das 22.00 h do 6 de outubro de 2017 no Pazo dos Deportes
      • Todo aquel que entregue fóra de prazo calquera documentación, pasará á lista de espera para poder inscribirse, perdendo os dereitos adquiridos

Máis información en http://www.arteixo.org/servizos/deportes/futbol-sala 


Segundo a Ordenanza n.º 34, reguladora do prezo público pola prestación de servizos socioculturais, educativos, deportivos, recreativos e outros análogos, publicada no BOP do 3 de xullo de 2017, o custo da inscrición será de 600 € por toda a tempada (liga e copa)
Atención aos equipos: