Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > O programa municipal de sendeirismo 2026 céntrase na costa cantábrica galega

/ O programa municipal de sendeirismo 2026 céntrase na costa cantábrica galega

O Concello de Arteixo presenta o Programa municipal de sendeirismo para 2026 

Nesta edición ofértanse un total de seis rutas, con un total de 50 prazas para cada una cun nivel de dificultade medio baixa pola Costa Cantábrica de Galicia.

Rutas Prazas Distancia DATA CELEBRACIÓN
Ruta 1 Miradoiro do Castro (Porto de Cariño) – Esteiro de Abaixo 50 16 Km 12 de abril
Ruta 2 Esteiro de Abaixo – Porto de Ortigueira 50 15 Km 26 de abril
Ruta 3 Santa Marta de Ortigueira – Embarcadoiro do Ladrido 50 15 Km 10 de maio
Ruta 4 Embarcadoiro do Ladrido – Loiba 50 15 Km 17 de maio
Ruta 5 Loiba (Praia de Picón) – Faro de Estaca de Bares 50 14 Km 7 de xuño
Ruta 6 Faro de Estaca de Bares – Porto de O Barqueiro 50 12 Km 14 de xuño

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN:

 Prazo de inscrición e matrícula: Por orde de chegada dende o 1 de marzo de 2026 ata o martes anterior ao inicio de cada ruta debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes. No caso contrario, procederase á anulación da praza.

No proceso de inscrición terán preferencia as persoas empadroadas en Arteixo.

O impreso de inscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou descargalo aquí  Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org.

Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Arteixo 

 PREZO PÚBLICO:

  • Maiores de idade: 15 € por etapa
  • Menores de idade: 10 € por etapa
  • O prezo inclúe transporte, picnic e seguros

 NORMATIVA ESPECÍFICA

o   Con carácter xeral é imprescindible ser maior de idade ou no seu defecto, maior de 10 anos con autorización do pai, nai ou titoría legal e acompañados.

o   Na programación deportiva municipal teñen preferencia as persoas que están empadroadas no Concello de Arteixo, existindo un número limitado (50) de prazas para cada actividade, así como un número mínimo (15) de prazas a cubrir para que a actividade se leve a cabo.

o   O Servizo Municipal de Deportes resérvase o dereito de efectuar as modificacións nas ubicacións, horarios, profesorado, etc., que considere necesarias.

o   No caso de que o Servizo Municipal de Deportes detecte falsidade nos datos o alumno causará baixa inmediata, sen dereito á devolución do importe abonado.

o   As persoas que asinan a folla de inscrición fan constar que non padecen ningunha enfermidade que o incapacite para a práctica deportiva, tendo feito o oportuno recoñecemento médico.