O vindeiro martes día 1 de setembro ábrese o prazo de preinscrición para os CURSOS TRIMESTRAIS DE NATACIÓN (OUTUBRO-NOVEMBRO-DECEMBRO) finalizando o día 10 de setembro. Animámoslle a facelo canto antes para asegurar a súa praza na próxima tempada.
As preinscricións poderanse facer na recepción do propio centro ou enviando a folla de preinscrición que poderá descargar na web www.cdmpastorizameicende.com, e www.arteixo.com e enviala a través do correo electrónico cdmadministracion@axinasd.com

