Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > O Auditorio CCC Manuel Murguía acolle a representación de ‘O Dragón de Ouro’ de Sarabela Teatro

/ O Auditorio CCC Manuel Murguía acolle a representación de ‘O Dragón de Ouro’ de Sarabela Teatro

O Auditorio CCC Manuel Murguía acolle este venres a representación de «O Dragón de Ouro», unha produción da recoñecida compañía Sarabela Teatro. A obra, escrita polo autor alemán Roland Schimmelpfenning, chega a Arteixo baixo a dirección de Ánxeles Cuña Bóveda e coa adaptación de Catuxa López Pato.

A trama desenvólvese no interior dun restaurante de comida rápida tailandesa-chinesa-vietnamita chamado «O Dragón de Ouro». A través dunha narrativa fragmentada e chea de ritmo, a obra entrelaza as vidas de diversos personaxes: un mozo chinés sen papeis que sofre unha dor de dentes insoportable, un ancián que anhela recuperar o seu pasado, unha parella en plena crise e diversas situacións de explotación que permanecen invisibles no noso día a día.

A peza preséntase como unha fábula contemporánea que pon o foco nas feridas humanas provocadas pola globalización, convidando ao público á reflexión mediante unha posta en escena que destaca pola súa forza visual e emocional.

O espectáculo conta cun elenco de prestixio no panorama teatral galego, formado por Fernando González, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Fran Lareu e Fina Calleja. A función ten unha duración aproximada de 70 minutos.

As entradas poderán adquirirse polos canles habituais cun prezo de 4 euros para o público xeral e de 3 euros para as tarifas reducidas.