Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > A Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo inicia a súa programación anual con actividades para todas as idades

/ A Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo inicia a súa programación anual con actividades para todas as idades

A Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo comeza este novo exercicio reforzando o seu compromiso coa cultura e a participación veciñal. A programación de 2026 arranca cun calendario que pon o foco nas bibliotecas como centros de convivencia e dinamización social.

Unha das grandes apostas desta tempada é a atención ao público adulto e, de xeito prioritario, ás persoas maiores. A vindeira semana, o recoñecido narrador Caxoto ofrecerá unha sesión de narración oral deseñada para fomentar a socialización, o humor e a recuperación da memoria compartida, creando un espazo inclusivo e accesible para este sector da poboación.

Ademais, o servizo municipal mantén o seu esforzo na formación de novos lectores con propostas específicas para a infancia. Entre elas destacan os «bebecontos» (de 1 a 3 anos), así como actividades de dinamización e obradoiros creativos para nenos e nenas de entre 4 e 11 anos.

Con estas iniciativas, o Concello de Arteixo busca consolidar hábitos culturais estables e ofrecer alternativas de lecer de calidade en todo o territorio municipal. Toda a información detallada sobre horarios e inscricións pode consultarse aquí.