O Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo acolle este venres, 20 de febreiro, ás 19:00 horas, a representación de «Teatro de papel», unha proposta da formación Rauxa Cia incluída dentro do ciclo cultural InvernArte.
O espectáculo, especialmente recomendado para un público familiar, pretende ser unha viaxe máxica e onírica onde se fusionan diversas disciplinas artísticas como o circo contemporáneo, a manipulación de marionetas e a linguaxe do clown. A obra busca reivindicar o poder da imaxinación e ofrecer ao espectador un momento de pausa e reflexión fronte ao ritmo acelerado da vida cotiá.
As entradas poderán adquirirse polos prezos habituais de 3 € e 4 € neste enlace.
