Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Vinte persoas participarán nunha nova edición do Obradoiro de Emprego Arteixo-Laracha colaborando polo emprego

/ Vinte persoas participarán nunha nova edición do Obradoiro de Emprego Arteixo-Laracha colaborando polo emprego

O Concello de Arteixo promove a posta en marcha dunha nova edición do Obradorio de Emprego “Arteixo-A Laracha colaborando polo emprego VI” no que o concello larachés actúa como entidade colaboradora xunto coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. 

Trátase dun obradoiro dual de emprego que conta cun presuposto de 640.000€ e que impartirá a 20 alumnos-traballadores as especialidades formativas de Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais e Actividades Auxiliares en conservación e mellora de montes. Serán 10 alumnos por cada unha das especialidades que se imparten. 

A selección do participantes será a través de oferta presentada no Servizo Público de Emprego polo que será indispensable estar inscrito como tal no SPEG. Unha vez feita a selección, e logo de superar un tribunal avaliador segundo as bases aprobadas, os elexidos terán un contrato de formación e aprendizaxe.

Durante este período , os alumnos/traballadores cobrarán o Salario Mínimo Interprofesional e, ao mesmo tempo recibirán formación que lles permitirá obter  o o certificado de profesionalidade SEAG0209-Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais e AGAR0309 Actividades Auxiliares en conservación e mellora de montes, ademáis dunha formación específica en alfabetización informática, sensibilización ambiental, prevención de riscos laborais, educación
básica e ESO, Igualdade e Orientación profesional e formación empresarial.

O alumnado do obradoiro estará dirixido por unha directora ou director, e dous docentes, así como por un mestre/tutor e realizarán as labores de limpeza en espazos públicos do Concello e Arteixo e valorización da contorna do Castro de Montes Claros na Laracha. Para levar a cabo o seu labor utilizarán medios, ferramentas e vehículos axeitados a cada espazo para alcanzar a consecución dos obxectivos marcados para cada proxecto.

Ir al contenido