Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Viaxe ao parque Pena Aventura en Portugal co departamento de xuventude

/ Viaxe ao parque Pena Aventura en Portugal co departamento de xuventude

O departamento de Xuventude, organiza unha viaxe de dous días ao parque Pena Aventura, situado no norte de Portugal, os próximos 27 e 28 de agosto de 2025.

A actividade está dirixida a persoas de entre 12 e 30 anos, con preferencia para aquelas empadroadas no concello. Durante a viaxe, o grupo poderá gozar dunha ampla variedade de propostas de lecer e aventura: tirolinas xigantes, canoas, rutas pola natureza ou atraccións mecánicas, entre outras.

O prezo da actividade é de 30 euros, e inclúe transporte en autocar, seguro, aloxamento, actividades e manutención durante toda a estancia.

Hai dispoñibles 50 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición.

O prazo de inscrición estará aberto desde o 4 de agosto ás 9:00 h ata o 6 de agosto ás 9:00 h, mediante o seguinte formulario en liña

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co departamento de Xuventude.

Ir al contenido